Este blog é unha ferramenta máis para o aprendizaxe de contidos propios da área de coñecemento do medio.
Translate
lunes, 1 de abril de 2013
NEREA
MERCURIO
É o planeta do Sistema
Solar máis próximo ao Sol e o máis pequeno. Forma parte dos denominados
planetas interiores ou rochosos e carece de satélites. Coñecíase moi pouco
sobre a súa superficie ata que se enviou a sonda planetaria Mariner 10 e se
fixeron observacións con radares e radiotelescopios.
Pensábase que
Mercurio sempre presentaba a mesma cara ao Sol, situación similar ao caso da
lúa ca terra,e que o seu período de rotación era igual ao seu período de
translación , ambos de 88 días. En 1965
mandáronse impulsos de radar cara Mercurio, co cal quedou
definitivamente demostrado que o seu período de rotación era de 58,7 días, o
cal e dous terzos do seu período de translación.
Mercurio é un
planeta cunha órbita inferior a da Terra, periodicamente pasa por diante do Sol,
fenómeno que se denomina tránsito astronómico.
Mercurio é un dos
catro planetas sólidos ou rochosos, e dicir, que ten un corpo rochoso como a
Terra. É o planeta máis pequeno dos
catro, cun diámetro de 4.879 km no ecuador. Está formado por un 70% de
elementos metálicos e un 30% de silicatos.
A superficie
de Mercurio,como a da lúa presenta
numerosos impactos de meteoritos. Algúns dos cráteres son relativamente
recentes, de algúns millóns de anos, e caracterízanse
pola presenza dun pico central. Ao igual que a lúa, Mercurio parece que sufriu
un período de intenso bombardeo de meteoritos de grandes dimensións, fai uns 4.000
millóns de anos. Durante este tempo
Mercurio foi volcanicamente activo formándose concas con lava no interior do
planeta, producíndose planicies similares
aos mares ou marías da Lúa. Na xeoloxía de Mercurio destacamos a Conca de
Caloris con un diámetro aproximadamente de 1.550km. No lado oposto de esta
formación xeoloxía encóntranse os outeiros coñecidos como “Terreno Estraño”. O
igual que outros astros do noso Sistema Solar, a superficie de Mercurio
participou nos efectos de procesos de desgaste espacial ou erosión espacial.
A pesar das
temperaturas altas que ten a súa superficie, hai observacións que indican a
existencia de xeo en Mercurio. O orixe da auga xeada en Mercurio non é coñecido
a ciencia certa, pero crese que ou ben se condensou a auga do interior do
planeta ou ven se condensou a auga dos
meteoritos que chocaron contra el.
A órbita de Mercurio é a máis excéntrica dos
planetas menores. Tarda 88 días terrestres en dar unha translación completa.
En Mercurio existe
o fenómeno de amenceres dobres, onde o Sol sae, detense , escóndese novamente por onde saíu e despois volve saír
para continuar o seu recorrido polo ceo.
A observación de
Mercurio é complicada pola súa proximidade ao sol. Mercurio e máis fácil de ver desde o
hemisferio sur da Terra que desde o hemisferio norte. Mercurio e máis brillante
visto desde a Terra cando se encontra entre a fase crecente ou minguante e a
fase chea.
NEREA
LUCÍA
MARTE
Marte é o cuarto
planeta do Sistema Solar. Por ser vermello recibe o nome do deus romano da
guerra. Ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa
masa.
Marte ten dúas lúas, pequenas e deformadas,
posiblemente asteroides capturados polo planeta.
As lúas
son:
FOBOS é un satélite de Marte, o máis grande. É
o máis pequeno do Sistema Solar. Ten un período de 7 horas e 39 minutos e pasa
polo ceo do planeta vermello 3 veces ao día. Fobos sempre presenta a mesma cara
a Marte debido ás forzas de marea que o planeta exerce sobre o seu satélite.
DEIMOS é o satélite máis pequeno de Marte. A
súa órbita é perturbada por Xúpiter. O contrario de Fobos, que orbita moi
rápido e que sae polo oeste e se pon polo leste, Deimos sae polo leste e ponse
polo oeste.
ATMOSFERA DE MARTE
A atmosfera de Marte é moito máis delgada ca da
Terra. O clima marciano está máis influenciado pola forma da órbita marciana. A
excentricidade da órbita do planeta arredor do Sol, afecta considerablemente á
lonxitude das estacións
ÓRBITA DE MARTE
.A órbita de Marte é máis elíptica ca da Terra.
A duración dun día marciano e a inclinación do seu eixe son similares aos da
Terra
XEOGRAFÍA DE MARTE
A xeografía de Marte é notablemente irregular.
A superficie de Marte divídese en dúas rexións
principais:
-Terras altas, que
se atopan no hemisferio sur. As terras altas teñen moitos cráteres,
-Terras baixas, que
é onde se atopan a maioría dos maiores volcáns de Marte.
MISIÓNS FUTUTAS A MARTE
No ano 2008 a NASA anunciou Maven, unha misión
robótica para 2013 para proporcionar información sobre a información da
atmosfera de Marte. No 2008 a ESA ten previsto lanzar o seu primeiro Rover cara
o planeta;o EXO MARS será capaz de perforar 2 metros o solo para buscar
moléculas orgánicas.
DATOS SOBRE MARTE
–
MASA: 0,11 da masa da Terra.
–
DENSIDADE RELATIVA MEDIA: 3,95
–
GRAVIDADE Á SUPERFICIE: 0,38 G
–
ÁREA SUPERFICIAL:0, 28 da área da
Terra
–
MAIOR DISTANCIA AO SOL: 249.200.000
kilómetros
–
PERÍODO ORBITAL:687 días
terrestres
–
DURACIÓN DUN DÍA MARCIANO: 24
horas, 39 minutos e 35 segundos
–
TEMPERATURA MÁIS BAIXAS:187 grados
–
SÁTELITES: Fobos e Deimos
–
INCLINACIÓN DA SÚA ÓRBITA EN
RELACIÓN Á ELÍPTICA: 51 grados
ALEJANDRO
VENUS
Venus é o segundo planeta do Sistema Solar máis
próximo ao Sol e o terceiro máis pequeno. Recibe o seu nome en honor a Venus, a
deusa do amor. A súa orbita é a máis redonda.
É o
único planeta do Sistema Solar con nome feminino, é o planeta cos días máis
longos do Sistema Solar: 243 días terrestres.Venus é un planeta rochoso.
ALEJANDRO
ALBA
Neptuno
Neptuno é un
planeta que foi descuberto por Urbain Le Verrier, Jonh Couch e Johann Galle,
estes descubrírono o día 23 de setembro de 1842 no século XIX.
Neptuno está
composto dunha mestura de rocha fundida, auga, amonio líquido e metano. A
terceira parte do seu exterior é unha mestura de gases quentes compostos por
hidróxeno, helio, auga e metano.
Todos os planetas do Sistema Solar
xiran arredor do Sol, Neptuno é o oitavo planeta en proximidade ao do Sol.
Neptuno ten 13 lúas. A maior é
Tritón, descuberta 17 días despois de Neptuno. As súas lúas son:
-Náiade, Talasa, Despina, Galatea
,Larisa ,Proteo ,Tritón Nereida, Sao,
Halímede , Laomedeia, Psámate e Neso .
ALBA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)