Translate

lunes, 1 de abril de 2013

ALBERTO

NEREA





MERCURIO


É o planeta do Sistema Solar máis próximo ao Sol e o máis pequeno. Forma parte dos denominados planetas interiores ou rochosos e carece de satélites. Coñecíase moi pouco sobre a súa superficie ata que se enviou a sonda planetaria Mariner 10 e se fixeron observacións con radares e radiotelescopios.
Pensábase que Mercurio sempre presentaba a mesma cara ao Sol, situación similar ao caso da lúa ca terra,e que o seu período de rotación era igual ao seu período de translación , ambos de 88 días. En 1965  mandáronse impulsos de radar cara Mercurio, co cal quedou definitivamente demostrado que o seu período de rotación era de 58,7 días, o cal e dous terzos do seu período de translación.
Mercurio é un planeta cunha órbita inferior a da Terra, periodicamente pasa por diante do Sol, fenómeno que se denomina tránsito astronómico.
Mercurio é un dos catro planetas sólidos ou rochosos, e dicir, que ten un corpo rochoso como a Terra.  É o planeta máis pequeno dos catro, cun diámetro de 4.879 km no ecuador. Está formado por un 70% de elementos metálicos e un 30% de silicatos.
A superficie de  Mercurio,como a da lúa presenta numerosos impactos de meteoritos. Algúns dos cráteres son relativamente recentes, de algúns millóns de  anos, e caracterízanse pola presenza dun pico central. Ao igual que a lúa, Mercurio parece que sufriu un período de intenso bombardeo de meteoritos de grandes dimensións, fai uns 4.000 millóns de anos. Durante  este tempo Mercurio foi volcanicamente activo formándose concas con lava no interior do planeta, producíndose planicies  similares aos mares ou marías da Lúa. Na xeoloxía de Mercurio destacamos a Conca de Caloris con un diámetro aproximadamente de 1.550km. No lado oposto de esta formación xeoloxía encóntranse os outeiros coñecidos como “Terreno Estraño”. O igual que outros astros do noso Sistema Solar, a superficie de Mercurio participou nos efectos de procesos de desgaste espacial ou erosión espacial.      
A pesar das temperaturas altas que ten a súa superficie, hai observacións que indican a existencia de xeo en Mercurio. O orixe da auga xeada en Mercurio non é coñecido a ciencia certa, pero crese que ou ben se condensou a auga do interior do planeta ou ven  se condensou a auga dos meteoritos que  chocaron contra el.
 A órbita de Mercurio é a máis excéntrica dos planetas menores. Tarda 88 días terrestres en dar unha translación completa.
En Mercurio existe o fenómeno de amenceres dobres, onde o Sol sae, detense , escóndese  novamente por onde saíu e despois volve saír para continuar o seu recorrido polo ceo.
A observación de Mercurio é complicada pola súa proximidade ao sol.  Mercurio e máis fácil de ver desde o hemisferio sur da Terra que desde o hemisferio norte. Mercurio e máis brillante visto desde a Terra cando se encontra entre a fase crecente ou minguante e a fase chea.


                                               








                                                                                                           NEREA

MARCOS

LUCÍA

MARTE


Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Por ser vermello recibe o nome do deus romano da guerra. Ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa.
Marte ten dúas lúas, pequenas e deformadas, posiblemente asteroides capturados polo planeta.
 As lúas son:
                                               
FOBOS é un satélite de Marte, o máis grande. É o máis pequeno do Sistema Solar. Ten un período de 7 horas e 39 minutos e pasa polo ceo do planeta vermello 3 veces ao día. Fobos sempre presenta a mesma cara a Marte debido ás forzas de marea que o planeta exerce sobre o seu satélite.

                                              
DEIMOS é o satélite máis pequeno de Marte. A súa órbita é perturbada por Xúpiter. O contrario de Fobos, que orbita moi rápido e que sae polo oeste e se pon polo leste, Deimos sae polo leste e ponse polo oeste.

                                          ATMOSFERA DE MARTE
A atmosfera de Marte é moito máis delgada ca da Terra. O clima marciano está máis influenciado pola forma da órbita marciana. A excentricidade da órbita do planeta arredor do Sol, afecta considerablemente á lonxitude das estacións

                                            ÓRBITA DE MARTE
.A órbita de Marte é máis elíptica ca da Terra. A duración dun día marciano e a inclinación do seu eixe son similares aos da Terra

                                            XEOGRAFÍA DE MARTE
A xeografía de Marte é notablemente irregular.
A superficie de Marte divídese en dúas rexións principais:
-Terras altas, que se atopan no hemisferio sur. As terras altas teñen moitos cráteres,
-Terras baixas, que é onde se atopan a maioría dos maiores volcáns de Marte.

                                          MISIÓNS FUTUTAS A MARTE
No ano 2008 a NASA anunciou Maven, unha misión robótica para 2013 para proporcionar información sobre a información da atmosfera de Marte. No 2008 a ESA ten previsto lanzar o seu primeiro Rover cara o planeta;o EXO MARS será capaz de perforar 2 metros o solo para buscar moléculas orgánicas.

                                  DATOS SOBRE MARTE
                    MASA: 0,11 da masa da Terra.
                    DENSIDADE RELATIVA MEDIA: 3,95
                    GRAVIDADE Á SUPERFICIE: 0,38 G
                    ÁREA SUPERFICIAL:0, 28 da área da Terra                                   
                    MAIOR DISTANCIA AO SOL: 249.200.000 kilómetros
                    PERÍODO ORBITAL:687 días terrestres
                    DURACIÓN DUN DÍA MARCIANO: 24 horas, 39 minutos e 35 segundos
                    TEMPERATURA MÁIS BAIXAS:187 grados
                    SÁTELITES: Fobos e Deimos
                    INCLINACIÓN DA SÚA ÓRBITA EN RELACIÓN Á ELÍPTICA: 51 grados

                                                                                       LUCÍA

JUDITH

ALEJANDRO




VENUS



Venus é o segundo planeta do Sistema Solar máis próximo ao Sol e o terceiro máis pequeno. Recibe o seu nome en honor a Venus, a deusa do amor. A súa orbita é a máis redonda.
 É o único planeta do Sistema Solar con nome feminino, é o planeta cos días máis longos do Sistema Solar: 243 días terrestres.Venus é un planeta rochoso.










                                                           
                                 ALEJANDRO
 LORENA











ALBA

                   Neptuno


Neptuno é un planeta que foi descuberto por Urbain Le Verrier, Jonh Couch e Johann Galle, estes descubrírono o día 23 de setembro de 1842 no século XIX.
Neptuno está composto dunha mestura de rocha fundida, auga, amonio líquido e metano. A terceira parte do seu exterior é unha mestura de gases quentes compostos por hidróxeno, helio, auga e metano.
Todos os planetas do Sistema Solar xiran arredor do Sol, Neptuno é o oitavo planeta en proximidade ao do Sol.

Neptuno ten 13 lúas. A maior é Tritón, descuberta 17 días despois de Neptuno. As súas lúas son:
-Náiade, Talasa, Despina, Galatea ,Larisa ,Proteo ,Tritón Nereida, Sao,  Halímede , Laomedeia, Psámate e Neso .











                                                                                                         ALBA