Translate

lunes, 1 de abril de 2013

NEREA





MERCURIO


É o planeta do Sistema Solar máis próximo ao Sol e o máis pequeno. Forma parte dos denominados planetas interiores ou rochosos e carece de satélites. Coñecíase moi pouco sobre a súa superficie ata que se enviou a sonda planetaria Mariner 10 e se fixeron observacións con radares e radiotelescopios.
Pensábase que Mercurio sempre presentaba a mesma cara ao Sol, situación similar ao caso da lúa ca terra,e que o seu período de rotación era igual ao seu período de translación , ambos de 88 días. En 1965  mandáronse impulsos de radar cara Mercurio, co cal quedou definitivamente demostrado que o seu período de rotación era de 58,7 días, o cal e dous terzos do seu período de translación.
Mercurio é un planeta cunha órbita inferior a da Terra, periodicamente pasa por diante do Sol, fenómeno que se denomina tránsito astronómico.
Mercurio é un dos catro planetas sólidos ou rochosos, e dicir, que ten un corpo rochoso como a Terra.  É o planeta máis pequeno dos catro, cun diámetro de 4.879 km no ecuador. Está formado por un 70% de elementos metálicos e un 30% de silicatos.
A superficie de  Mercurio,como a da lúa presenta numerosos impactos de meteoritos. Algúns dos cráteres son relativamente recentes, de algúns millóns de  anos, e caracterízanse pola presenza dun pico central. Ao igual que a lúa, Mercurio parece que sufriu un período de intenso bombardeo de meteoritos de grandes dimensións, fai uns 4.000 millóns de anos. Durante  este tempo Mercurio foi volcanicamente activo formándose concas con lava no interior do planeta, producíndose planicies  similares aos mares ou marías da Lúa. Na xeoloxía de Mercurio destacamos a Conca de Caloris con un diámetro aproximadamente de 1.550km. No lado oposto de esta formación xeoloxía encóntranse os outeiros coñecidos como “Terreno Estraño”. O igual que outros astros do noso Sistema Solar, a superficie de Mercurio participou nos efectos de procesos de desgaste espacial ou erosión espacial.      
A pesar das temperaturas altas que ten a súa superficie, hai observacións que indican a existencia de xeo en Mercurio. O orixe da auga xeada en Mercurio non é coñecido a ciencia certa, pero crese que ou ben se condensou a auga do interior do planeta ou ven  se condensou a auga dos meteoritos que  chocaron contra el.
 A órbita de Mercurio é a máis excéntrica dos planetas menores. Tarda 88 días terrestres en dar unha translación completa.
En Mercurio existe o fenómeno de amenceres dobres, onde o Sol sae, detense , escóndese  novamente por onde saíu e despois volve saír para continuar o seu recorrido polo ceo.
A observación de Mercurio é complicada pola súa proximidade ao sol.  Mercurio e máis fácil de ver desde o hemisferio sur da Terra que desde o hemisferio norte. Mercurio e máis brillante visto desde a Terra cando se encontra entre a fase crecente ou minguante e a fase chea.


                                               








                                                                                                           NEREA

No hay comentarios:

Publicar un comentario